CiberLabFP

Laboratorio Avanzado de Ciberseguridade IT/OT

CiberLabFP é a infraestrutura avanzada do CGIFP para a formación, experimentación e innovación en ciberseguridade aplicada a contornos IT e industriais OT.

Que permite facer CiberLabFP

Formación avanzada

Programas especializados de ciberseguridade IT/OT con aprendizaxe práctica

Simulación de ciberataques

Recreación de escenarios de ataque e defensa en contornos controlados

Probas e validación

Testaxe de dispositivos, solucións tecnolóxicas e sistemas industriais antes da súa implantación

Análise forense

Estudo de incidentes para analizar causas, impactos e evidencias

SOC industrial

Monitorización de sistemas e simulación de procesos de detección e resposta ante ameazas

Innovación e colaboración

Espazo para desenvolver actividades e proxectos con centros educativos, empresas e institucións

Para quen

Alumnado de FP

Para desenvolver competencias prácticas en ciberseguridade, especialmente en ámbitos relacionados coa informática, a electricidade e a electrónica.

Profesorado

Para a actualización técnica e a formación de alta especialización en contornos IT/OT.

Empresas e institucións

Para actividades de formación, demostración, experimentación e sensibilización en ciberseguridade, en colaboración con empresas, institucións e forzas e corpos de seguridade.

Mostrador do CiberLabFP cun panel luminoso vermello que avisa dun «Cyber Attack».

Ciberseguridade en movemento

Estación móbil IT/OT

CiberLabFP incorpora unha estación móbil que integra nunha única infraestrutura portátil redes IT e sistemas industriais OT, permitindo levar a formación, a experimentación e as demostracións de ciberseguridade fóra do laboratorio.

Formación nos centrosDemostracións en empresasEventos e competiciónsDivulgación
Logotipo do Desafío CiberFP, Campionato galego de ciberseguridade para a Formación Profesional.

Desafío CiberFP

O Desafío CiberFP é unha competición autonómica de ciberseguridade dirixida ao alumnado dos centros públicos de FP de Galicia, convocada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e organizada polo CGIFP Eduardo Barreiros.

Capture The Flag (CTF)Aprendizaxe prácticaTraballo en equipoTalento dixital

Equipos de tres estudantes, coa coordinación dunha persoa docente, resolven retos de ciberseguridade inspirados en situacións profesionais reais en formato Capture The Flag (CTF), nunha fase clasificatoria telemática e unha gran final presencial no CGIFP.