Organización do centro

Áreas funcionais

Catro áreas vertebran a actividade do CGIFP e canalizan todos os proxectos de innovación, formación e colaboración con empresas e institucións.

Visión xeral

As catro áreas do centro

Investigación e Innovación

Identifica tendencias emerxentes, explora novas tecnoloxías e desenvolve solucións aplicadas á FP. Xunto a empresas, institucións e outros axentes de innovación, converte esas novidades en recursos que o profesorado pode levar ás aulas.

Formación de Alta Especialización

Capacita o profesorado da FP galega en tecnoloxías emerxentes e novas metodoloxías a través de programas específicos. É a vía para que as competencias que pide o mercado laboral cheguen ás aulas ao ritmo ao que evolucionan as empresas.

Emprendemento Industrial

Apoia iniciativas con potencial de aplicación real nos sectores produtivos e acompaña as ideas ata convertelas en solucións viables. Tamén fomenta a cultura emprendedora na FP e a transferencia de coñecemento á empresa e á sociedade.

Comunicación Estratéxica e Internacionalización

Dá a coñecer os proxectos do CGIFP e abre vías de colaboración con institucións e programas europeos. Así, a FP galega gana presenza autonómica, estatal e internacional como referente en innovación.

Escaneado 3D durante unha actividade do CGIFP
Dixitalización 3D en acción
Sala de experiencias inmersivas con realidade virtual do CGIFP
Experiencias inmersivas de realidade virtual
Persoal traballando no laboratorio de biotecnoloxía do CGIFP
Laboratorio de biotecnoloxía

Área de innovación aplicada

Seis liñas de actuación

O traballo da área de innovación aplicada desenvólvese en seis liñas de actuación complementarias.

Biotecnoloxía

Procedementos de base biotecnolóxica para o desenvolvemento de produtos innovadores e a mellora de procesos produtivos na agricultura, alimentación, medio ambiente, saúde e benestar.

Industria 5.0

Transformación en sectores industriais e primarios: robótica colaborativa, IoT, xemelgos dixitais, intelixencia artificial, ciberseguridade e big data.

Fabricación aditiva

Desenvolvemento de produtos e prototipos de baixo custe nun amplo abano de sectores: industrial, deseño, xoiaría, téxtil, sanidade e restauración.

Enerxía e sustentabilidade ambiental

Integración de fontes enerxéticas (eólica, solar, hidróxeno), eficiencia e autonomía no seu uso, e xestión eficiente de recursos hídricos.

Gastronomía multisensorial

Novos horizontes gastronómicos aplicando tecnoloxías de vangarda para crear experiencias culinarias na elaboración e presentación dos produtos.

Experiencias inmersivas

Recreación de metaverso con realidade virtual e aumentada, e ferramentas formativas para centros e empresas con menor custo e maior eficiencia e seguridade.

Profesorado e persoal técnico traballando cun robot móbil en formación de alta especialización

Formación de Alta Especialización

Deseñamos cursos, obradoiros e estadías en empresas para que o profesorado actualice os seus coñecementos en tecnoloxías punteiras antes de que cheguen ao currículo oficial, sempre en colaboración con centros tecnolóxicos e empresas do sector.

1.174Horas de formación
83Actividades
+4.800Prazas totais
Prototipo do reto Viaqua no espazo de emprendemento industrial do CGIFP

Emprendemento Industrial

O espazo de emprendemento industrial do CGIFP acompaña a empresas e alumnado de toda Galicia na resolución de retos tecnolóxicos reais, rexistra os primeiros modelos de utilidade da FP galega e aloxa emprendedores que medran como empresas propias, mentres comeza xa a cuarta edición do programa InnovatechFP.

32Empresas
+2.600Alumnado
50Retos
664Equipos
+150Centros
+500Coordinadores
32Prototipos en desenvolvemento
2Modelos de utilidade
6Emprendedores
Logo do proxecto Shore Winner

Comunicación Estratéxica e Internacionalización

En apenas tres anos de actividade, o CGIFP recibiu visitantes de centros educativos, institucións e empresas de toda España e de países como Lituania, Turquía, Reino Unido ou Portugal. Lidera ademais Shorewinner, un proxecto internacional que une Centros de Excelencia Profesional do sur de Europa para impulsar a FP en enerxías renovables mariñas.

+2.000Visitantes
5Países Shorewinner

Un traballo conxunto entre as catro áreas

Os proxectos do CGIFP combinan adoito varias destas áreas á vez.

Ver todos os proxectos