Plataformas

Vetinen

Realidade virtual inmersiva e intelixencia artificial para mellorar a competencia lingüística do alumnado de Formación Profesional galega.

Que é Vetinen

Inglés para a FP en contornos profesionais simulados

Vetinen é un proxecto pioneiro liderado polo CGIFP que combina realidade virtual inmersiva e intelixencia artificial para mellorar a competencia lingüística do alumnado da Formación Profesional galega.

Novidades

O que trae a última versión

Multiavatar

Conversas complexas entre tres personaxes.

IAmentor

Analiza o progreso do alumnado e propón itinerarios personalizados, ao ritmo e nivel de cada estudante.

Acceso coa conta da Xunta

O profesorado entra coa súa conta corporativa e o sistema recoñece os seus módulos e grupos: menos tarefas administrativas.

Evolución

De dúas familias a toda a FP galega

  1. Primeira fase

    Hostalaría e Turismo

    Recepción, atención ao cliente e xestión de reservas.

  2. Segunda fase

    Fabricación Mecánica

    Simulacións en 3D de inspección de pezas, montaxe e resolución de incidencias industriais.

  3. Hoxe

    Centros de toda Galicia

    Parte dos proxectos estratéxicos do CGIFP no Plan FPGal 360, que reforza as competencias clave, especialmente as linguas estranxeiras.

  4. Curso 2025-2026

    14 novas familias

    Con recursos interactivos, un laboratorio de intelixencia artificial e accións de capacitación docente.

  5. Curso 2026-2027

    As 26 familias profesionais

    Extensión completa a toda a FP galega.

Vetinen en cifras

+300Docentes formados
114Centros con acceso
+320Usuarios activos
14Familias profesionais con LabAIFP
17Escenas interactivas

Familias profesionais

En que familias se usa Vetinen

Vetinen está actualmente implantado nestas familias profesionais, con novas incorporacións previstas nos vindeiros cursos.

Selector de escenas profesionais dentro da aplicación Vetinen
Hostalaría e turismoFabricación mecánicaComercio e marketingQuímicaSanitariaAdministración e xestiónInformática e comunicaciónsMarítimo pesqueiroImaxe e sonServizos socioculturais e á comunidadeArtes gráficasTransporte e mantemento de vehículosActividades físicas e deportivasFOL (Formación e orientación laboral)