
Programa
InnovatechFP
Innovación tecnolóxica e emprendemento industrial: o alumnado de FP resolve retos reais propostos por empresas.
Información xeral
Como funciona o programa

Obxectivo
Impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional, resolvendo 20 retos propostos por empresas con impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.
Quen pode participar
Alumnado de Formación Profesional e persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Educación. Equipos multidisciplinares e mixtos en canto ao xénero.
Convocatoria 2025-2026
Prazo de presentación de solicitudes: do 7 ao 20 de novembro.
- Fase 1: Design Thinking (obradoiros) e presentación de solucións (ata o 30 de xaneiro)
- Fase 2: formacións e presentación de solucións finais (ata o 22 de maio)
Edición 2026
20 retos propostos por empresas


Innovación dixital para a xestión integral de salóns de perruquería

Economía circular a través da peletización de residuos de desbaste
Valorización e novos usos das virutas de madeira de piñeiro

Aplicación para a medición da rendibilidade do mobiliario en puntos de venda

A musicoterapia como ferramenta de benestar integral

Plataforma intelixente para o impulso do turismo deportivo
Trazabilidade intelixente de equipos e repostos no taller de instrumentación
Sistema de trazabilidade loxística e de procesos en fábrica de mobiliario de alta gama

Sistema de reciclaxe, depuración e aproveitamento da auga en procesos de pelado e cocción de castañas

Sistema automático para a montaxe e axuste de tubos en jackets offshore

Solucións circulares para a valorización de residuos complexos
Identificación de canles colmatadas en membranas de ultrafiltración mineral e sistemas de limpeza non invasivos
Plataforma de vixilancia intelixente do tráfico marítimo en augas galegas
Sistema de medida efectiva de caudais de baixo custo en colectores de saneamento eQsan+

Aplicación interactiva para descubrir o potencial gastronómico das algas
Visión artificial para a detección de defectos en láminas de aceiro de gran espesor

Deseño de garras para a manipulación de pezas de forxa de aluminio sen marcas superficiais

Mellora de unións multimaterial a base selante

Carro de ferramentas autónomo
Convocatoria
Convocatoria e documentación
O prazo de presentación de solicitudes é do 7 ao 20 de novembro, ambos os dous incluídos. Pode participar o alumnado de Formación Profesional e persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos, de calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Aquí podes consultar o texto completo da convocatoria e descargar os anexos necesarios para formalizar a inscrición e xestionar os cambios no equipo.
Antes da fase 1
Xornada de lanzamento
Antes do inicio da fase 1, o programa celebra unha xornada de lanzamento dos retos, onde se presentan os 20 retos propostos polas empresas participantes. Aquí publicaranse a data, o lugar e o acceso ao programa da xornada en canto estean confirmados.
Primeira fase
Fase 1: Design Thinking e presentación de solucións
Na primeira fase, cada equipo participa nun obradoiro de Design Thinking impartido no seu propio centro educativo, no que se traballan as ferramentas e a metodoloxía necesarias para afrontar o reto tecnolóxico escollido. Trala formación, os equipos deberán rexistrar a súa proposta de solución a través do formulario correspondente, nun prazo que remata o 30 de xaneiro.

Segunda fase
Fase 2: equipos finalistas
Avaliadas as propostas presentadas na primeira fase, publícase a listaxe de equipos seleccionados que continúan no programa. Estes equipos reciben formación adicional para afondar na súa solución e deberán presentar a proposta final a través do formulario habilitado para tal fin, nun prazo que remata o 22 de maio.
Peche do programa
Evento final e gañadores
Os equipos finalistas deberán presentar a súa proposta final a través do formulario habilitado para tal fin, nun prazo que remata o 22 de maio. Tras o evento final, publicaranse aquí as solucións gañadoras de cada reto.
Para calquera dúbida ou incidencia no desenvolvemento do teu reto, usa o formulario de contacto do centro.
Histórico
Edicións anteriores
InnovatechFP edición 2025
Ver edición →InnovatechFP edición 2024
Ver edición →Calendario da convocatoria 2025-2026
Do 7 ao 20 de novembro de 2025
Presentación de solicitudes
Inscrición dos equipos co texto da convocatoria e os anexos que se poden descargar nesta páxina.
Ata o 30 de xaneiro de 2026
Fase 1: Design Thinking e propostas
Cada equipo participa nun obradoiro de Design Thinking no seu centro e rexistra a súa proposta de solución co formulario da fase 1.
Tras a fase 1
Equipos seleccionados
Avalíanse as propostas e publícase a listaxe de equipos que continúan no programa.
Ata o 22 de maio de 2026
Fase 2: solucións finais
Os equipos seleccionados reciben formación adicional e presentan a súa proposta final co formulario habilitado.

