Programa

InnovatechFP · Edición 2025

Innovación tecnolóxica e emprendemento industrial: o alumnado de FP resolve retos reais propostos por empresas.

Información xeral

Como funciona o programa

Obxectivo

Impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional, resolvendo 20 retos propostos por empresas con impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.

Quen pode participar

Alumnado de Formación Profesional e persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Equipos multidisciplinares e mixtos en canto ao xénero.

20 retos propostos por empresas

Reto 1

Solucións innovadoras e sostibles para xestionar palas de aeroxeradores en desuso

Reto 2

Plataforma dixital para mellorar a empregabilidade e adaptación ás novas tendencias no sector da imaxe persoal

Reto 3

Mantemento preditivo de equipos industriais mediante análise acústica con intelixencia artificial

Reto 4

Optimización da xestión de inventarios no sector da moda mediante intelixencia artificial

Reto 5

Valorización das cinzas resultantes da combustión da biomasa

Reto 6

Plataforma de economía circular mediante intelixencia artificial para o sector da moda

Reto 7

Sistema integral de localización e xestión de vehículos en talleres de automoción

Reto 8

Solucións tecnolóxicas para fomentar a motivación e participación en terapias de rehabilitación

Reto 9

Plataforma dixital para a xestión optimizada de recursos e persoal en grandes eventos

Reto 10

Redución do consumo de auga no proceso de pasteurización de refrescos

Reto 11

Sistema de análise preditiva para equipos críticos na industria química

Reto 12

Mellora da inspección e control na construción modular de buques

Reto 13

Sistema de embalaxe ecolóxico para a protección de mercadorías no transporte internacional

Reto 14

Método in vitro para a cuantificación de toxoides na produción de vacinas

Reto 15

Mellora do proceso de pelado de castañas para a elaboración de marrón glacé

Reto 16

Sistema remoto para a inspección e reparación de soldaduras en tubaxes de difícil acceso

Reto 17

Produtos alternativos para reducir a estacionalidade nas plantas de biomasa forestal

Reto 18

Optimización da xestión de lodos orgánicos obtidos na produción de biogás

Reto 19

Sistema automático para a detección e control de fugas de auga en tempo real

Reto 20

Solución dixital para a automatización das medidas zootécnicas do gando

Convocatoria 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes foi do 14 ao 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

Xornada de lanzamento

A xornada de lanzamento dos retos do Programa InnovatechFP tivo lugar o xoves 5 de decembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 10:30 horas.

Fase 1: presentación de solucións e obradoiros de Design Thinking

Na fase 1, os equipos rexistraron a súa proposta de solución a través do formulario correspondente, nun prazo que remataba o 12 de febreiro. Ademais, cada equipo participou nun obradoiro de Design Thinking impartido no seu centro educativo, segundo o calendario de datas e localizacións publicado. O programa incluíu unha dotación de 500 € por centro participante e a preselección de 60 propostas finalistas, 3 por cada reto.

Infografía do programa InnovatechFP 2024-2025
Calendario de obradoiros de Design Thinking InnovatechFP 2024-2025

Fase 2: equipos finalistas

Publicouse a listaxe de equipos finalistas de cada reto que pasaron á segunda fase. Estes equipos contaron con formación especializada e apoio técnico do CGIFP para desenvolver a súa proposta final.

Peche do programa

Evento final e gañadores

Os equipos finalistas debían presentar a súa proposta final a través do formulario habilitado, nun prazo que remataba o 2 de xuño.

Tras o evento final, publicaranse aquí as solucións gañadoras de cada reto desta edición.

Histórico

Edicións anteriores

InnovatechFP edición 2025

Ver edición →

InnovatechFP edición 2024

Ver edición →