Programa

InnovatechFP · Edición 2024

Innovación tecnolóxica e emprendemento industrial: o alumnado de FP resolve retos reais propostos por empresas.

Información xeral

Como funciona o programa

Obxectivo

Impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional, resolvendo 10 retos propostos por empresas con impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.

Quen pode participar

Alumnado de Formación Profesional e persoas egresadas nos últimos dous anos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que durante o curso 2023/24 impartan ensinanzas de Formación Profesional. Equipos multidisciplinares e con distribución equitativa de xénero.

10 retos propostos por empresas

Reto 1

Deseño dun sistema de autolimpeza para reixas de fosas sépticas de zonas rurais

Reto 2

Desenvolvemento de robots para o reparto de recambios en talleres de automoción

Reto 3

Desenvolvemento dunha solución dixital para a optimización de experiencias en eventos deportivos

Reto 4

Desenvolvemento dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización ambiental

Reto 5

Desenvolvemento dun método ou sistema de medición rápida de graxas en pastas de refinado

Reto 6

Deseño de solucións para transformar envases plásticos de cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteado

Reto 7

Creación de colección téxtil reciclada e presentación da mesma mediante ferramentas dixitais

Reto 8

Deseño de sistema de análise para empresa téxtil para optimizar propostas de colección e medir a satisfacción do cliente

Reto 9

Sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores

Reto 10

Desenvolvemento de ferramentas para a detección de perdas de enerxía eléctrica e así contribuír á súa redución

Convocatoria 2023-2024

Consulta aquí a presentación do programa, o texto da convocatoria, os anexos de solicitude e as listaxes de equipos presentados.

Xornada de lanzamento de retos

A xornada de lanzamento dos retos do Programa InnovatechFP tivo lugar o 1 de decembro no CIFP Universidade Laboral (Culleredo), en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Fase 1: presentación de solucións

Na fase 1, os equipos rexistraron as súas propostas de solución aos 10 retos do programa a través do formulario correspondente, nun prazo que remataba o 31 de xaneiro de 2024. Tamén se publicou un documento de preguntas frecuentes para resolver as dúbidas máis comúns dos equipos participantes.

Fase 2: equipos finalistas

Publicouse a listaxe de equipos finalistas de cada reto que pasaron á segunda fase.

Peche do programa

Evento final e gañadores

Os equipos presentaron a súa memoria final de solución a través do formulario habilitado, nun prazo que remataba o 31 de maio. As exposicións diante dos xurados tiveron lugar o 13 e o 14 de xuño, e o evento final, coa resolución da proposta gañadora de cada reto, celebrouse o martes 18 de xuño nas instalacións de Expourense.

Tras o evento final, publicaranse aquí as solucións gañadoras de cada reto desta edición.

Histórico

Edicións anteriores

InnovatechFP edición 2025

Ver edición →

InnovatechFP edición 2024

Ver edición →