Aprender, experimentar, protexer
Estación móbil CiberLabFP
Solicita acceso ao formulario de selección de equipos de ciberseguridade para a túa actividade docente.
Solicitude de acceso
A estación móbil CiberLabFP é un conxunto de equipamento de ciberseguridade (acceso e identificación, análise forense, radio e comunicacións, automatización OT e vehículos, hardware e instrumentación) que o CGIFP presta a centros educativos para actividades docentes.
Para solicitar material, primeiro tes que rexistrar os teus datos aquí. O CGIFP revisará a túa solicitude e, se a aproba, recibirás por correo un enlace cun código de acceso temporal (válido 15 días) ao formulario de selección de equipos.
Xa tes un código de acceso?
Se xa recibiches o teu código por correo, escríbeo aquí co teu correo e entrarás directamente no formulario de pedido.
Preguntas frecuentes
Que é a estación móbil CiberLabFP?
É un conxunto de equipamento de ciberseguridade (acceso e identificación, análise forense, radio e comunicacións, automatización OT e vehículos, hardware e instrumentación) que o CGIFP presta a centros educativos para actividades docentes.
Para que se pode usar?
Para uso educativo en ciberseguridade de FP. Cada solicitude identifica un docente responsable, un centro, un obxectivo e unhas datas. A custodia e a supervisión do material corresponden á persoa responsable durante a cesión.
Como se solicita?
Primeiro rexistras os teus datos nesta páxina. O CGIFP revisa a solicitude e, se a aproba, recibes por correo un enlace cun código de acceso temporal (válido 15 días) ao formulario de selección de equipos.
Nese formulario escolles o material e as datas da túa actividade e envías o pedido.
Con canta antelación e por canto tempo?
A antelación proposta é de 10 días naturais e a duración máxima, de 14 días naturais, contando o día de inicio e o de fin.
Enviar a solicitude xa reserva o material?
Non. A solicitude non reserva recursos: o CGIFP revisa a axenda, a finalidade, os medios dispoñibles e as condicións técnicas antes de autorizala. Recibirás a resposta por correo.
E se o CGIFP me pide cambios?
Recibirás un correo co comentario. Dende «Os meus pedidos» podes modificar a solicitude, que volve a revisión, ou retirala.
Como se entrega e se devolve o material?
Acórdanse a recollida, a devolución e os medios de transporte. Unha acta recolle os identificadores, as unidades, os accesorios e o estado do material.
A devolución inclúe todos os accesorios e un control de funcionamento e de retirada de datos.
Que fago se hai unha incidencia?
Detén o uso do equipo e informa ao CGIFP.

