CiberLabFP

Desafío CiberFP

Pon a proba o teu talento en ciberseguridade!

En que consiste?

Categorías de participación

O Desafío CiberFP conta con tres categorías adaptadas aos diferentes niveis de coñecemento:

Explorador

Iniciación á ciberseguridade

Para alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior de familias profesionais distintas de Informática e Comunicacións e Electricidade e Electrónica, con competencias en Dixitalización aplicada aos sectores produtivos. Non require coñecementos técnicos especializados previos.

Ir á plataforma

Aventureiro

Coñecementos técnicos

Para alumnado de grao medio e superior das familias de Informática e Comunicacións e Electricidade e Electrónica con coñecementos previos en sistemas, redes, programación ou electrónica.

Ir á plataforma

Experto

Ciberseguridade avanzada

Para alumnado de grao superior e cursos de especialización destas dúas familias profesionais con competencias técnicas avanzadas.

Ir á plataforma

Calendario do Desafío CiberFP 2026

  1. Novembro de 2026

    Presentación e formación

    Xornada inicial para coñecer o funcionamento da competición e preparar os equipos participantes.

  2. Xaneiro de 2027

    Fase clasificatoria

    Probas telemáticas que os equipos realizarán desde os seus centros educativos.

  3. Febreiro de 2027

    Gran final no CGIFP

    Os equipos clasificados competirán presencialmente nas instalacións do CGIFP Eduardo Barreiros, en Ourense, nunha xornada que incluirá un acto de recoñecemento ao alumnado participante.

Inscricións

CiberLabFP, o laboratorio de ciberseguridade IT/OT do CGIFP

O CGIFP, impulsor do talento en ciberseguridade

O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros organiza o Desafío CiberFP como parte do seu compromiso coa innovación educativa e a especialización tecnolóxica.

A iniciativa está vinculada ao CiberLabFP, un espazo avanzado para a formación e a experimentación en ciberseguridade de sistemas informáticos e contornos industriais.

Con este desafío, o CGIFP promove novas formas de aprendizaxe práctica, impulsa o talento do alumnado e reforza a conexión entre a FP galega e as necesidades tecnolóxicas das empresas.

Preguntas frecuentes

Quen pode participar?

O alumnado dos centros públicos de Formación Profesional de Galicia, nunha das tres categorías segundo o seu nivel: Explorador, Aventureiro ou Experto.

Como se forman os equipos?

Cada equipo está formado por tres estudantes, coa coordinación dunha persoa docente do seu centro. Cada centro pode inscribir tantos equipos como desexe.

Que categoría me corresponde?

Explorador: grao medio e superior de familias distintas de Informática e Comunicacións e de Electricidade e Electrónica; non require coñecementos técnicos previos.

Aventureiro: grao medio e superior destas dúas familias, con coñecementos previos en sistemas, redes, programación ou electrónica.

Experto: grao superior e cursos de especialización destas dúas familias, con competencias técnicas avanzadas.

En que consiste a competición?

Segue a metodoloxía Capture The Flag (CTF): os equipos superan probas técnicas e resolven desafíos de ciberseguridade en contornos simulados, inspirados en situacións profesionais reais.

Como se fai a inscrición?

A través do centro educativo, cunha única solicitude por centro que inclúa todos os equipos. Preséntase na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento PR004A) e envíase tamén ao correo fpinnova@edu.xunta.gal.

O prazo está aberto ata o 13 de novembro de 2026, inclusive.

Onde se compite?

A fase clasificatoria (xaneiro de 2027) é telemática, desde os propios centros. Os equipos clasificados compiten presencialmente na gran final (febreiro de 2027) no CGIFP Eduardo Barreiros, en Ourense.