CGIFP · Centro de innovación en FP

Buscando a excelencia a través da innovación

O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional: un espazo onde a tecnoloxía, o emprendemento e a especialización se converten en proxectos reais con empresas, institucións e alumnado.

+14Proxectos activos
+32Empresas colaboradoras
+2.600Alumnado implicado
Instalacións e obxectivos do CGIFP

Quen somos

Formación profesional pensada para o futuro

O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (CGIFP) é o centro de referencia da Xunta de Galicia para a innovación, a investigación aplicada, a formación de alta especialización e o emprendemento industrial na FP.

Dende Ourense, traballamos para que todas as familias profesionais estean ao día en tecnoloxías, tendencias e metodoloxías, e para que ese coñecemento chegue ás aulas.

Investigación e Innovación

Identifica tendencias emerxentes, explora novas tecnoloxías e desenvolve solucións aplicadas á FP. Xunto a empresas, institucións e outros axentes de innovación, converte esas novidades en recursos que o profesorado pode levar ás aulas.

Emprendemento Industrial

Apoia iniciativas con potencial de aplicación real nos sectores produtivos e acompaña as ideas ata convertelas en solucións viables. Tamén fomenta a cultura emprendedora na FP e a transferencia de coñecemento á empresa e á sociedade.

Formación de Alta Especialización

Capacita o profesorado da FP galega en tecnoloxías emerxentes e novas metodoloxías a través de programas específicos. É a vía para que as competencias que pide o mercado laboral cheguen ás aulas ao ritmo ao que evolucionan as empresas.

Comunicación Estratéxica e Internacionalización

Dá a coñecer os proxectos do CGIFP e abre vías de colaboración con institucións e programas europeos. Así, a FP galega gana presenza autonómica, estatal e internacional como referente en innovación.

Por que existe o CGIFP

Os sectores produtivos cambian máis rápido que os currículos. As empresas incorporan novas tecnoloxías, novas formas de traballar e novos perfís antes de que a formación teña tempo de reflectilo.

O CGIFP existe para pechar esa distancia. Detectamos o que necesita o tecido empresarial, formamos o profesorado en alta especialización e facilitamos que ese coñecemento se converta en proxectos, recursos e metodoloxías para o alumnado. O docente é o nexo: ao actualizarse, achega ás aulas a realidade das empresas, e o alumnado chega ao mercado laboral cunha preparación actual.

Por que Eduardo Barreiros?

O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional leva o nome de Eduardo Barreiros (1919-1992), empresario ourensán e unha das figuras máis destacadas da historia industrial española. A súa capacidade innovadora e o seu espírito emprendedor inspiran a vocación do CGIFP.

Como curiosidade, o característico ton verde do edificio lembra aos históricos vehículos Barreiros, e establece así unha ligazón simbólica co legado industrial da cidade.

Actividade do centro

Hitos e novidades recentes

Unha selección pública dos últimos avances, formacións e colaboracións do CGIFP.

  1. Evento

    A FP galega acelera cara ao futuro con Barreiros E-Motion 2025

    Segunda edición da carreira educativa Barreiros E-Motion en Vilagarcía de Arousa, en colaboración con Greenpower Iberia.

  2. Formación

    Últimas formacións de InnovatechFP 2025

    Arrincan as derradeiras formacións da segunda fase de InnovatechFP 2025 en comunicación estratéxica, con máis de 300 alumnos e alumnas.

  3. Visita

    Docentes alemáns interesados na proposta innovadora do CGIFP

    Visita dunha delegación educativa da rexión alemá de Oberfranken, 24 profesionais da educación.

  4. Colaboración

    O CGIFP, eixo da colaboración entre Galicia e Andalucía en FP

    Sinatura dun convenio entre as comunidades de Galicia e Andalucía para avanzar cara á excelencia educativa.

  5. Evento

    NetClean, a primeira patente da FP galega, premiada a nivel nacional

    Xurdida do programa InnovatechFP, foi recoñecida coa patente de maior repercusión nacional na cuarta edición dos Premios Nacionales de Transferencia de Conocimiento IPfest.

  6. Colaboración

    O CIFP Canteiría de Galicia incorpórase á rede de centros integrados

    A rede pasa de 24 a 28 centros integrados de formación profesional, amosando como se pode conxugar tradición e innovación.

  7. Evento

    VIII edición do Congreso FP Innova

    O congreso de innovación na FP galega reúne a máis de 650 docentes nunha xornada formativa e recibe a 10.000 visitantes na súa zona de exposición de proxectos.

Proxectos

Innovación en marcha

Unha mostra dos proxectos e plataformas tecnolóxicas nas que traballa o CGIFP xunto a empresas, institucións e alumnado.

Enogastronomía
Innovación

Enogastronomía

Gastronomía multisensorial aplicando tecnoloxías de vangarda á elaboración e presentación de produtos.

Ver proxecto
Formación de alta especialización
Formación

Formación de alta especialización

Coordinación da formación do profesorado de FP en tecnoloxías emerxentes dos sectores produtivos.

Ver formación
InnovatechFP
InnovatechFP

InnovatechFP

20 retos tecnolóxicos propostos por empresas, resoltos por equipos de alumnado de FP de toda Galicia.

Saber máis
Emprendemento e alumnado
Emprendemento

Emprendemento e alumnado

Asesoramento e acompañamento a startups e proxectos innovadores do ámbito do emprendemento industrial.

Ver proxecto

Empresas e institucións

Colabora co CGIFP

Traballamos man a man con empresas e institucións en proxectos de innovación, formación á medida e captación de talento.

Fálanos do teu proxecto

Proxectos de innovación conxunta

Desenvolvemento de solucións tecnolóxicas aplicadas a retos reais das empresas.

Formación á medida

Deseño de accións formativas específicas para os equipos das organizacións colaboradoras.

Captación de talento

Conexión directa con alumnado especializado en tecnoloxía e innovación.

Impacto

O centro en cifras

14Proxectos activos
32Empresas colaboradoras
2.600Alumnado implicado
4InnovatechFP

Colabora co CGIFP

Impulsamos xuntos a innovación na FP

Coñece os proxectos do centro e ponte en contacto connosco para colaborar en innovación, formación e talento.