Innovación aplicada
Enogastronomía 5.0
Enogastronomía 5.0
Liña de traballo da área de Gastronomía multisensorial do CGIFP que emprega tecnoloxías avanzadas para poñer en valor as denominacións de orixe galegas e achegar a cultura vitivinícola a través de experiencias inmersivas e multisensoriais.

Sobre o proxecto
Información xeral
Enogastronomía 5.0 deseña experiencias gastronómicas inmersivas e multisensoriais de alto valor engadido.
O proxecto desenvólvese na área de Gastronomía multisensorial do CGIFP. Busca poñer en marcha experiencias de degustación únicas e deseñar produtos e servizos innovadores para poñelos a disposición do sector.
Presentouse a profesorado de FP de Barcelona, Alacante e Milán (novembro de 2025) e a autoridades educativas de toda España (abril de 2026) nas súas visitas ao centro.


