Innovación aplicada
XenIAGalFP
XenIAGalFP
XenIAGalFP é un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Formación Profesional para transformar dixitalmente a FP en Galicia con solucións tecnolóxicas que integren intelixencia artificial, analítica de datos e simulación inmersiva.
Sobre o proxecto
Información xeral
O obxectivo é personalizar a aprendizaxe, mellorar a formación práctica e reforzar a orientación profesional, para aliñar a oferta formativa coas demandas actuais e futuras do mercado laboral.
O proxecto forma parte da Estratexia Galega de Formación Profesional 2030, da RIS3 Galicia 2021-2027 e do Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027. Ademais, alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 4 (Educación de calidade) e 8 (Traballo decente e crecemento económico).
Para financialo, a Dirección Xeral de FP propúxose concorrer á convocatoria 2025 da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. No marco do proxecto, en agosto de 2025 asinouse un convenio co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e tramitouse outro coa Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Os dous convenios entrarán en vigor se se concede a axuda.

