Innovación aplicada
Xemelgo dixital
Xemelgo dixital
Ano 2025Finalizado
Proxecto da área de Industria 5.0 do CGIFP centrado na creación e o deseño de xemelgos dixitais para o sector industrial.

Sobre o proxecto
Información xeral
O proxecto combina a creación e o deseño de xemelgos dixitais para o sector industrial coa utilización de robots colaborativos, para poñer en práctica procesos de manipulación totalmente automatizados.
Desenvolveuse na área de Industria 5.0, unha das liñas de innovación aplicada do CGIFP xunto coa biotecnoloxía, a fabricación aditiva, a enerxía e sustentabilidade ambiental, a gastronomía multisensorial e as experiencias inmersivas.
En 2025 presentouse a delegacións doutras comunidades autónomas que visitaron o centro, como a de Andalucía ou a dos participantes no Congreso FP Innova.
Innovación aplicadaIndustria 5.0Ano 2025Finalizado



