Comunicación estratéxica
Shorewinner
Shorewinner
Proxecto europeo que crea unha Comunidade de Práctica entre Centros de Excelencia Profesional (CoVE) de Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre para mellorar a formación profesional no sector das enerxías renovables mariñas.

Sobre o proxecto
Información xeral
SHOREWINNER (Southern European Community for Offshore Wind Energy) quere mellorar a formación da futura forza de traballo do sector das enerxías renovables mariñas. Para iso aposta pola colaboración entre centros, o intercambio de recursos e o aliñamento cos perfís que demanda a industria.
Cada Centro de Excelencia Profesional traballa cos axentes do seu país para ofrecer unha formación axustada ás necesidades da industria local. A comunidade comparte coñecemento, boas prácticas e recursos de aprendizaxe.
En Galicia participan a Universidade da Coruña (UDC), o CETMAR e varios centros da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: o CIFP Ferrolterra, o CIFP Universidade Laboral, o CIFP Valentín Paz Andrade e o CGIFP Eduardo Barreiros.
É un proxecto cofinanciado pola Unión Europea (nº 101143967), cunha duración de catro anos (2024-2028).

