Emprendemento industrial
RQR
RQR
RQR é unha empresa artesanal de fabricación de calzado situada en Castro de Rei. É un dos primeiros froitos do programa InnovatechFP.

Sobre o proxecto
Información xeral
RQR naceu do proxecto gañador da primeira edición de InnovatechFP (2023-24), en resposta ao reto proposto pola firma El Pulpo. O reto, «Creación de colección téxtil reciclada e presentación da mesma mediante ferramentas dixitais», centrábase no deseño de solucións creativas e sustentables no sector da moda con identidade galega.
Nesa edición, cada iniciativa premiada recibiu 10.000 € para desenvolver o proxecto. A Consellería anunciou ademais que o CGIFP poría as súas instalacións e os seus medios materiais e humanos a disposición do alumnado para desenvolver estes proxectos.
Hoxe RQR é unha empresa constituída que fabrica calzado de xeito artesanal en Castro de Rei.

