Innovación aplicada
Metaverso da FP galega
Metaverso da FP galega
Hub de ferramentas de realidade estendida con plataformas de adestramento en contornas virtuais. É un dos novos recursos do Plan Innova FP Galicia 2026-2030 para facilitar a docencia e mellorar a cualificación do alumnado de FP.

Sobre o proxecto
Información xeral
O Metaverso FPGal é un hub de ferramentas de realidade estendida con plataformas de adestramento en contornas virtuais. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional presentouno en abril de 2026, na apertura do Congreso FP Innova 2026, como un dos novos recursos do Plan Innova FP Galicia 2026-2030.
Dá continuidade á liña de Experiencias inmersivas do CGIFP: a recreación de metaverso con realidade virtual e aumentada e o desenvolvemento de ferramentas formativas que permitan aos centros e ás empresas formar cun menor custo, máis eficiencia e total seguridade.
Desde 2024, as formacións do CGIFP en realidade estendida para o profesorado inclúen a creación de metaversos e propostas para incorporalos a un futuro metaverso da FP galega.



