1
barro
Innovación aplicada
Ciencia, patrimonio e innovación para o benestar e o futuro de Galicia.
Sobre o proxecto
IterBalmes é un proxecto de innovación da FP galega que valoriza a arxila de Niñodaguia combinándoa coas augas termais de As Burgas, Caldas de Reis e Cuntis para desenvolver aplicacións dermocosméticas pensadas para o sector termal e do benestar. O nome sintetiza a idea: ITER, de Innovación TErmal de esencia Rexeneradora.
barro
augas termais
protocolos
centros de FP
Paso 1
As oleiras e os oleiros da Xunqueira de Espadañedo cederon a terra arxilosa e ensinaron ao equipo como se obtén o barro a partir dela.
Paso 2
O IACT-CSIC e laboratorios acreditados analizaron o barro e confirmaron que é apto para os usos previstos, con garantías de seguridade.
Paso 3
Desenvolvéronse oito protocolos de aplicación estética que adaptan un mesmo barro a distintas necesidades da pel, cambiando a auga termal e as condicións de uso. Nas probas realizadas, os resultados apuntan a unha mellora da hidratación, do confort e da textura.
IterBalmes demostra que a Formación Profesional pode liderar proxectos de investigación aplicada con base no territorio. Os protocolos poden levarse a centros de balneoterapia e achegan valor aos recursos naturais galegos, ao tempo que crean unha vía estable de colaboración entre os centros de FP e o sector termal.
O proxecto naceu dun grupo de traballo de profesorado de FP, coordinado polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, e hoxe é unha iniciativa consolidada. Nel participan docentes do IES 12 de Outubro (Ourense), IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol), IES A Pinguela (Monforte), IES Teis (Vigo) e IES Johan Carballeira (Bueu): seis centros de toda Galicia que traballan en rede.