Innovación aplicada
Favegal: aumento da autonomía do vehículo eléctrico
Favegal: aumento da autonomía do vehículo eléctrico
Proxecto da área de Enerxía e sustentabilidade ambiental do CGIFP que aposta polas enerxías alternativas para recargar a batería dos vehículos eléctricos e mellorar o seu aproveitamento.

Sobre o proxecto
Información xeral
Favegal busca aumentar a autonomía do vehículo eléctrico e mellorar o seu aproveitamento mediante o uso de enerxías alternativas para a recarga da batería.
Desenvolveuse na área de Enerxía e sustentabilidade ambiental do CGIFP, que traballa na integración de distintas fontes enerxéticas (eólica, solar, hidróxeno), na eficiencia e autonomía no seu uso e na xestión eficiente dos recursos hídricos.
En 2025 presentouse a delegacións doutras comunidades autónomas que visitaron o centro, como a de Andalucía ou a dos participantes no Congreso FP Innova.



