Emprendemento industrial
El Pulpo
El Pulpo
El Pulpo é unha firma do sector da moda que colabora co programa InnovatechFP: propuxo retos ao alumnado de FP nas tres edicións celebradas.

Sobre o proxecto
Información xeral
El Pulpo propuxo un reto en cada edición de InnovatechFP: unha colección téxtil reciclada presentada mediante ferramentas dixitais (2023-24), unha plataforma de economía circular con intelixencia artificial para o sector da moda (2024-25) e unha aplicación para medir a rendibilidade do mobiliario nos puntos de venda (2025-26).
O reto da primeira edición centrábase no deseño de solucións creativas e sustentables no sector da moda con identidade galega. Do proxecto gañador naceu RQR, unha empresa artesanal de calzado situada en Castro de Rei.
No reto de 2025-26, que busca relacionar a disposición do mobiliario nas tendas coas vendas, pasaron á segunda fase equipos do IES García Barbón e o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, do CIFP As Mercedes e do CIFP Portovello.

